Thursday 02 de May de 2024

A Deputación valora a colaboración co Concello de Ribeira na programación cultural da inauguración do seu auditorio


O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e a deputada de cultura, Natividade González, acudiron ao Concello de Ribeira, onde se reuniron co alcalde, Luís Pérez Barral, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, e a concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso, para abordar posibles vías de colaboración de cara á inauguración do seu auditorio municipal, que terá lugar o 15 de xuño.

Ademais, aproveitaron para visitar o Museo do Gravado.
Dende a Deputación valoraranse diferentes posibilidades para colaborar na programación especial da apertura deste “equipamento cultural de referencia comarcal”, tal e como sinalan dende o consistorio. Tamén se abordaron as diferentes liñas de colaboración que permitan ao Concello de Ribeira acceder aos fondos dispoñibles a través da Deputación.

A deputada de cultura mostrou “toda a disposición” da súa área para “contribuir a dotar de vida a este espazo con gran potencial para a difusión da nosa cultura”, revelou, “nun fito tan relevante como é a súa inauguración”. Tal e como sinalou, “auditorios como este son o mellor escaparate da nosa identidade, e representan unha excelente oportunidade para promocionar a nosa cultura e para dinamizar a vida social e cultural da comarca, da provincia e do país”.

Deja un comentario